A XXI Romaría Raigame terá 120 postos participantes



Un total de 120 postos de oficios tradicionais, artesanía en xeral e restauración participarán na XXI Romaría Etnográfica Raigame que o vindeiro 17 de maio celebrarase en Vilanova dos Infantes. A páxina web da romaría publicaba onte as solicitudes que lograron un espazo, “lamentando profundamente” dende o Concello de Celanova e o Centro da Civilización Popular Xaquín Lorenzo, organismo dependente da Deputación, non poder darlle unha resposta afirmativa a tódalas solicitudes presentadas (150).

A romaría, que este ano fixará a súa ojeada no oficio dos tradicionais “dulceiros” co fin de poñer o foco na actividade artesanal da docería na provincia, contará, coma en anteriores edicións, tódalas actividades de música, danza, representacións escénicas, e un servizo continuo de dous autobuses históricos, que entre ás 11,00 e as 19,00 horas comunicarán Vilanova dos Infantes con Celanova. 

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *