Unha das accións foi revisar determinados puntos de acumulación de lixo maior e levalos ao punto limpo máis próximo. A outra influencia neste ano foi recoller lixo último das rúas das aldeas da Lavandeira e Zadagós.
Recolléronse, aproximadamente, 700 quilogramos de rodas de tractores, moito plástico de rega, colchóns, monitores de televisión, bidóns de plástico, latas, azulexos, botellas, zapatos, plásticos, neveiras, aspiradora, carcasa de hidro lavadora, pratos de ducha, sillas, ferros, cordas, restos de mobles e outros restos de material orgánico.
Os restos foron trasladados aos puntos limpos de Xinzo de Limia. Utilizouse para a tarefa de recollida un kit de limpeza aportado polo Concello consistente nun par de luvas, bolsas para o lixo e tres vehículos, un deles con remolque.
Punto limpo
“Para continuar o camiño cara a unha concienciación social e ambiental, lembramos o punto limpo móbil da Deputación que fai retirada de residuos a domicilio e que precisa dunha simple chamada ao Concello e dos puntos limpos da Comarca da Limia (Xinzo de Limia, mércores e xoves, entre as 17,00 e 19,00 horas e sábado, de 10,00 e 14,00 horas; Vilar de Santos, mércores de 10,00 horas e 14,00 horas e Calvos de Randín, xoves, de 10,00 a 14,00 horas)”, comunica Pepe Gándara, concelleiro de Civilización e Patrimonio do Concello de Sandiás.