Unha ollada xuvenil ás praderías do Xurés



Nestes derradeiros días do curso escolar, o alumnado do Instituto Aquis Querquenis de Bande ten a oportunidade de desfrutar e descubrir a riqueza do campo no Xurés coa exposición “Pasteiros da Baixa Limia”.

É unha mostra feita polo alumnado da ESO na que amosan, non só as diferentes explotacións que persisten na zona de vacas de raza cachena, ovellas, cabras ou porcos. Tamén a importancia de preservar as vellas tradicións e o coidado do medio entorno. “Moitas das nosas familias teñen vacas cachenas, cabras, porcos, burros… e quixemos amosar un pouco o traballo que fan”, explicaba Gabriel Dobaño, que vive ao pé da antiga calzada romana Via Nova no oficio de Ponteliñares (Bande).

A exposición permitiu aos estudantes pararse a reflexionar sobre o seu entorno e os medios de vida, dándolle valía ao traballo das súas familias máis alá do feito de elevar cartos na casa. “Co seu traballo chegan os alimentos as cidades”, subliñaba Dobaño. O seu compañeiro, e veciño de San Xes de Vilariño (Lobeira), David Martí, resaltaba a importante encaje que fai o gando en materia de prevención de incendios forestais. Un perigo que viviu de preto co posterior gran incendio que ocorreu non fai moito no concello de Lobeira, e no cal os animais lograron fuxir das llamas, as cales deixaron una fonda pegada na paisaxe.

No traballo escolar, exportable a calquera sala de exposición, tamén colaboraron alumnos que non teñen explotacións, pero que saíron ao campo coa intención de retratar a esencia do rural. “Estes animais xa estaban aquí e temos que estudiar a convivir con eles, coidar o noso fogar que tamén é o deles”, remataba David Álvarez.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *