O PP fixo un paripé



Tras a rolda de prensa do PP deste mércores, na que os populares anunciaban que non asistirían a próximo reunión para acadar o “Pacto da Concordia” que o PSOE fixou para este xoves, o BNG vén de pronunciarse ao respecto.

Os catro concelleiros nacionalistas no Concello de Ourense convocaron aos medios de comunicación e a través de Luís Seara, portavoz municipal, lembraron que “na última reunión mantida, o BNG deixou a súa sinatura nun documento-proposta de moción de censura agardando polas outras trece necesarias para que prospere, sete do PP e seis do PSdeG-PSOE”, e engade, “sempre nos amosamos dispostos a, despois da moción de censura, traballar a prol da cidade e da súa gobernabilidade”.

“O PP nunca quixo censurar a a Jácome, pois é con el con quen asinaron en 2019 e no 2023”, aseverou Seara.

“Falsas expectativas”

O BNG dan por rematado o intento de presentar unha moción de censura a Jácome no Concello de Ourense que prospere e lamentan que “se crearan falsas espectativas en boa parte da veciñanza xa que o PP nunca tivo vontade de que a moción prosperase. Nós fomos moi claros desde o primeiro momento namentres que o PP, o único que fixo, ao igual que no mandato pasado, foi pór escusas constantemente, escusas que por certo, aseméllanse moito a iso do que tanto se queixan, liñas vermellas”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *