As comunidades de montes contribúen a obras en Laza



O Concello de Laza vén de anunciar o inicio dunha serie de obras de arranxo en diversos viais da lugar de Retorta, o núcleo principal da parroquia de Santa María de Retorta. Dende o Concello lazao sinalan que estas obras de mellora estanse a realizar en boa medida grazas ao apoio crematístico da Comunidade de Montes Veciñais en man global de Matamá, Retorta e Arcucelos, que aportou 80.000 euros para o desenvolvemente destes traballos de renovación.

Ademais da achega realizada polas devanditas comunidades de montes comunais, a Deputación de Ourense contribúe igualmente cunha subvención por valencia de 80.000 euros. Os labores que se están a desenvolver estes días consisten na reforma do firme, en formigón raiado con entorno de bruto, de varias das rúas do núcleo de Retorta.

Alén disto, tamén se procederá á instalación dunha nova rede de abastecemento de auga, así como das caixas dos contadores dese mesmo servizo. O Concello de Laza sinala que deste xeito haberá unha instalación “moderna e nova”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *