Obradoiro de fotografía no Castelo de Monterrei



A oficina de Turismo Monterrei vén de anunciar a celebración, mañá venres, dun taller de fotografía no entorno da acrópole de Monterrei. A particularidade deste obradoiro é que estará centrado na fotografía empregando os teléfonos móbiles.

Así, os interesados en participar percorrerán o entorno do Castelo empregando os seus dispositivos intelixentes. A encargada de impartilo será a profesional da fotografía Silvia Meno, que aprenderá aos alumnos a sacarlle o mayor partido aos seus teléfonos e a prescindir do uso do modo necesario.

O punto de encontro para tódolos interesados en apuntarse será na propia oficina de turismo. O obradoiro inicia ás 19,00 horas e ten unha duración aproximada de hora e media. O prezo por persoa é de 15 euros, e para reservar praza cómpre chamar ao teléfono 988 361 360.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *