Caldelas segou o centeo para os vindeiros fachós



Os veciños de Castro Caldelas levaron a final a tradicional sega do centeo que se empregará na Festa dos Fachós 2025, unha das celebracións de culto ao lume máis antigas de Galicia. O proceso, que comezou hai case un ano, foi iniciado polo concelleiro Manolo Pérez, “Clarete”, quen sementou e coidou o cereal. Esta pasada semana, outros dous veciños foron os encargados de segar o centeo utilizando unha bertolini, traballo que realizaron con gran dedicación.

Despois de segar o centeo, veciños voluntarios e máis traballadores do concello, formaron os “mollos” e recolleron o cereal. O laboreo culminou cunha merenda no propio campo, compartida por todos os participantes, que gozaron de produtos locais para repoñer forzas. Este traballo é só unha parte dun longo proceso que culminará o 19 de xaneiro de 2025, cando o centeo será utilizado para iluminar a vila na Festa dos Fachós, unha tradición declarada de Interese Turístico de Galicia.

Durante a xornada, os medios estiveron presentes para hipotecar o proceso, creando un vídeo que se proxectará no futuro Museo dos Fachós, cuxas obras comezarán pronto no castelo da vila. Esta festa, que se celebra ao atardecer do 19 de xaneiro, contará cun gran facho de 30 metros e uns 500 fachós individuais.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *