Unha ruta sonora en San Xoán de Río este sábado



En Río este sábado levarán a extremo unha actividade moi particular, onde os asistentes coñecerán os distintos sons dos espazos contextualizando cada un deles. Moitos deses sons parecen estar xa case perdidos. Xabier Blanco será o encargado de indicar esta ruta sonora, no sentido musical, que partirá desde San Xoán de Río ata a pueblo de San Miguel, desfrutando do río e dunha enorme carballeira, e volverán de xeito circular para rematar en Río. Moitas son as paradas xa estudiadas, pero o propio Blanco improvisará distintos sons cos materiais que a natureza lle ofreza no camiño

Desde unha cantiga no lavadoiro ata explicar o que son os chamos, instrumentos para chamar ao gando, ou facer a treculada (que se recrea nos espazos sementados, para evitar que os paxaros coman o sementado), ata un remate bailado, será o que os participantes desfruten  este sábado desde ás 11:00 da mañá neste sendeiro que é para todos os públicos e ten unha lonxitude duns catro ou cinco kilómetros de distancia.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *