Os Galos de San Pedro da Mezquita (A Merca), que este sábado desfilaban polas rúas de Santiago de Compostela, protagonizan o cartel da nova exposición que o fotógrafo Jason Gadner inauguraba este mes de setembro na museo Rachel Hardouin de París. O recoñecido fotógrafo internacional visitou as terras de Celanova no ano 2020, retratando e desfrutando do domingo de Entroido na parroquia da Mezquita e inmortalizando, dende primeira hora da mañá, o ritual deste Entroido particular que percorre as aldeas da parroquia.
Fai uns días, a veciñanza da parroquia compartía o cartel da exposición de París, agradecidos de que Gadner espolón os ‘galos’ para a portada e tamén porque sempre poña algunha das súas fotografías nas diferentes exposicións que fixo por Alemania, Estados Unidos e agora en París.
Jason Gadner álabe moitos anos viaxando polo mundo traballo que, no ano 2023, plasmou en “We the Spirits”, publicado pola editorial Gost Books, onde non faltan esta e outras máscaras ourensáns.