Esta carreira é un evento solidario dirixido á sociedade para dar visibilidade ao problema deste tipo de tumor, e para conseguir fondos cos que financiar investigación contra esta enfermidade.
Ás 10,00 horas está previsto que dea inicio a andaina longa (13 quilómetros), mentres que ás 10,30 seráa quenda da curta (7,5 quilómetros). A proba está aberta a todas as idades menos na carreira, na que só poden participar os maiores de 16 anos. A saída terá punto dende o pavillón polideportivo, na zona recreativa de O Bañadoiro.
Na estampación deste ano, Vilamartín terá a honra de contar coa presenza dos membros fundadores desta carreira, Cristina Sandín, presidenta da Asociación Cancro de Páncreas e Enrique de Madaria Pascual, gastroenterólogo do Hospital Xeral Universitario Dr. Balmis en Alacante e galardoado este mes de outubro co premio ao mellor investigador en Gastroenteroloxía de Europa.
Inscricións
O precio da inscrición será doado integramente á investigación en Cancro de Páncreas, 12 euros por persoa (6 para menores de 16 anos). O prazo de inscrición online remata hoxe e para facelo baste con pasarse a páxina web carreirasgalegas.com.