Estaba prevista para o día 5 de novembro, pero por mor das continuas choivas houbo que retrasala para onte. Aos participantes gustoulles o percorrido, e ao rematar poideron recuperar forzas con tapujo, froita, patatas fritas Jaly’s, refrescos e auga.
A saída foi dende o Pavillón de Deportes, ás 09,30 horas, e a andaina pasou pola ribeira de Trasmiras.
A andaina de 6 recorreu a ribeira e a de 12 kilómetros pasou pola ribeira e polas parroquias de Trasmiras, nun percorrido por camiños de carro.
Emilio Pazos, corregidor de Trasmiras, contou que “a xente quedou moi contenta. Foi a primeira vez que se facía a andaina, entón fumos un pouco conservadores cos kilómetros. Imos facer outra de primaveira con máis kilómetros. Viñeron como 75 persoas. Eu son moi afeccionado a circular en monte”, conclúe.