Haberá unha nova iluminación con luces LED, vestiarios completamente renovados, novo material deportivo, pintura nos laterais da cancha e novo equipo de altofalantes, entre outras pequenas actuacións.
Amador Díaz, corregidor de Xinzo de Limia, declarou que “dende o goberno do Concello de Xinzo vimos a necesidade de llevar a cabo sobre o pavillón. Puxémonos a traballar dende o minuto un e empezaron a saír os primeiros froitos como o cambio de iluminación e as distintas subvencións que se van achegando para facer esas intervencións”, detalla o corregidor de Xinzo.
Cristina Campero, concelleira de Deportes, explicou que “entre as infraestruturas a destacar está a dos vestiarios con traballos de fontanería, calefacción, pintura e alicatado. Despois estase a izar a límite tamén a pintura do pavillón e a llama. Esperemos que sexan as primeiras das moitas que imos facer”, conclúe a concelleira de Deportes.