A Asociación Galega de Apicultura, no seu concurso Meles Cinco Estrelas, xa tiña galardoado a mel Aialma noutras ocasións, concedéndolle o terceiro premio tanto para o mel multifloral como para o mel de castiñeiro. Desta vez foi o primeiro premio, outorgando o primeiro posto na categoría de Mel de Bosque.
O galardón foi entregado pola AGA en Santiago de Compostela. Tamén no concurso Calidad Apícola que recibiu meles de toda España, distinguiuse o mel de Castiñeiro Aialma coa medalla de ouro, e o mel Multifloral con medalla de prata. Unha serie de distincións que recoñecen a calidade destes meles producidos no rural Ourensán.
O proxecto Mel Aialma é unha iniciativa allegado dunha parella que hai uns anos decidiron retornar ao rural, e asentarse na lugar de Souteliño, en Laza. Alí comezaron a traballar neste proxecto apícola, que recolle o esforzo e o agarimo de coidar as colmeas nun entorno natural.