Os alcaldes piden axuda á Sanidade nas gardas da farmacia de Castro Caldelas



A problemática da carga de traballo na droguería caldelá sigue sen solventarse, xa que sendo a única droguería da localidade, ten que cubrir as gardas os 7 días da semana.

Os representantes dos cinco concellos do PAC de Caldelas reuníronse co presidente do Colexio de Farmacéuticos, Santiago Leyes, reivindicándolle que a Consellería de Sanidade debería axudar para que a alternativa “non perxudique a esta zona do rural e aos cidadáns destes concellos”, manifestan no comunicado dos concellos, asegurando que as gardas manteranse como ata agora polo momento.

Fontes do Colexio de Farmacéuticos de Ourense sinalan que “lle corresponde á entidade agenciárselas esas solucións e tentarán procuralas con diálogo e consenso, contando coa opinión das forzas vivas da zona”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *