Xinzo de Limia acolleu a máis de mil persoas na manifestación feita pola Plataforma L…



Este sábado 30 de decembro Xinzo de Limia acolleu unha nova manifestación convocada pola Plataforma Loita Pediátrica na Limia. A manifestación comezou ás 12,00 horas dende o Centro de Saúde de Xinzo, rematando na Praza Maior coa recital dun comunicado.

Representantes políticos do BNG e do Psoe acudiron ao encontro en Xinzo. José Ramón Gómez Besteiro, o candidato socialista á presidencia da Xunta, esixiu ao goberno galego que reforce os servizos de pediatría deficitarios en Galicia, con preto do 20 por cento das prazas sen cubrir nos concellos galegos. Dende o Partido Socialista explican que esta situación repítese nos centros de saúde do interior de Galicia, como é o caso do Carballiño, tamén en Ourense.

A deputada do BNG no Parlamento Galego, Noa Presas, quixo felicitar a comarca da Limia por esta mobilización e que “os pais e nais de Xinzo que non se conforman  e que están reclamando poco fundamental, coas dúas prazas de peditaría garantidas”. Segundo Presas é “un dereito fundamental que calquer neno ten que ter, sexa da Limia ou dunha gran cidade”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *