Alumar solidarizouse con 23 persoas da Limia



A través do proxecto Alumar, o Centro de Desenvolvemento Rural O Brillo, converteuse en intermediario entre 23 persoas que pasan o Nadal en situacións moi próximas á soidade e outras tantas que quixeron armarse de acto sexual e sentimento de comunidade para combater esa situación. 

Os 23 regalos voaron das máns amigas dos veciños solidarios cara as casas onde se apagara a luz do Nadal grazas ao paporrubio, o paxaro que simbolizou a vitalidade e a cor no tempo das xeadas”, comentaban dende o Centro de Desenvolvemento Rural O Brillo, que quere pagar a xente da Limia, mostrando unha peza audiovisual que verá a luz hoxe ás 12,00 horas nas súas redes sociais. Participaron, ademais das 46 familias conectadas, diferentes áreas de traballo do CDR como a educativa, o servizo de comedor nas casas, o proxecto Biocoidados ou o equipo de Comunicación.

O proxecto Alumar, que rematou o final de ano, foi financiado pola Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia, na subvención destinada á realización de programas de interese social.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *