Estes traballos consistiron na construción dunha rede de colectores no núcleo de Sequeiros que recollen as augas residuais e as conducen ata un novo pozo de bombeo na estrada de Seoane para despois conectar coa rede de saneamento de Ourense, que tivo que ampliar a capacidade das súas conducións para posibilitar a conexión destes novos vertidos coa EDAR.
Pedro Blanco sinalou a necesidade de apoiar aos municipios, especialmente aos máis pequenos, na mellora dos seus servizos e infraestruturas para frear a perda de poboación no rural e para garantir aos seus habitantes un futuro coas mesmas oportunidades para todos e todas. Repasou co corregidor outros proxectos, como os traballos para a rehabilitación e mellora da eficiencia enerxética a través de renovables en inmobles públicos.