Protección Civil atendeu máis de mil emerxencias en Barbadás no 2023



O servizo municipal de Protección Civil de Barbadás realizou, ao longo do 2023, máis dun milleiro de intervencións. En concreto, atenderon 177 situacións de emerxencia como incendios, accidentes de tráfico e rescates; un total de 339 servizos urxentes como entradas forzadas ou sondeo de desaparecidos; 417 non urxentes como a retirada de vexetación, asolagamentos, ou recollida de animais e 119 operativos programados e relativos a apoio de tráfico, eventos culturais e deportivos ou festas patronais.

O servizo de Protección Civil reforzouse coa incorporación de 5 novos voluntarios que realizaron a súa formación básica. En total, as horas de formación do persoal durante todo o ano ascendeu a 850. O concelleiro de Emerxencias, Dani Rey, valorou positivamente estes datos que “confirman o necesario traballo constante destas áreas consideradas servizos esenciais”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *