Neste curso, os alumnos poderán percorrer as variedades, os climas e os distintos tipos de solo existentes en Galicia, catando os distintos estilos de viño que se producen na nosa terra e coñecendo a algúns dos produtores de remisión destes viños das distintas comarcas produtoras.
O curso estrutúrase en dúas sesións de 4,5 horas con 20 viños a catar nunha primeira sesión de preámbulo, historia, e sobre as denominacións de orixe Rías Baixas e O Ribeiro; na segunda sesión abordaranse a Ribeira Sacra, Valdeorras, Monterrei e as cinco Indicacións Xeográficas Protexidas de Galicia, para que os asistentes poidan coñecer a amplia variedade de referencias para diferencialas polas súas características específicas.
Este curso está pensado para as persoas que desexen profundizar nos viños de Galicia. Tanto para afeccionados que queiran coñecer mellor as diferentes variedades e estilos de viños galegos, como para profesionais.
Cada participante no curso recibirá no primeiro día un exemplar do texto “Descubriendo los vinos de Galicia”, escrito polo director da “Galicia Wine Academy”, Jorge Vila DipWset.
A matrícula ten un precio de 160 euros e as reservas de praza poden facerse a través da web de Galicia Wine Academy – Ou contactando no email: [email protected] ou no 986 048 557.