O punto de encontro, chamado O Castiñeiro, convertíase no epicentro en Raigada. Alí, as máscaras avanzaban con elegancia e firmeza, marcando a súa presenza, seguidas dos membros do fulión. O colofón chegou cando, diante dos veciños de Raigada, o fulión visitante pediu permiso en verso, para tocar e compartir a festa coa comunidade. Foi unha veciña de Raigada quen llo concedía tamén en verso, dando paso a unha longa noite de fulión polas rúas da lugar.
Máis dun centenar de persoas entre visitantes e membros do fulión percorreron as estreitas rúas da vila, parando estratexicamente en adegas, casas e puntos sinalados para repoñer forzas. O son da corna, os bombos e aixadas inundaron cada recuncho, mentres as mázcaras non pararon de retozar, lucindo as súas chamativas cores.