Unha explicación que seguiron con atención os rapaces, que están levando a parte un traballo de investigación, no ámbito do plan Proxecta+, sobre os oficios tradicionais galegos e o seu glosario perdido. “O obxectivo é recompilar as palabras galegas relacionadas cos distintos oficios da provincia que se perderon, neste caso dos zapateiros”, resumían as alumnas Uxia Loureiro e Alexia Quemado na recepción a Vilanova, na que puideron coñecer as diferencias entre zocas e botas, como facían o ‘empalmillado’ (cosido) a man, ou que ás tenazas os zapateiros de Vilanova lles chamaban ‘a turquesa’ e que o ‘sacabocados’ servía para facer os buracos.
O proxecto, no cal están a participar todos os alumnos da ESO, persigue “compendiar palabras tradicionais do galego e do portugués para que non se perdan e que despois publicaremos nun obra e, tal e como recolle o propio proxecto, remitiremos para a súa inclusión no dicionario da Actual Entidad Galega”, relataba a profesora Raquel Álvarez, quen engadía que “coas coas visitas, esta en Vilanova coa Fundación Curros Enríquez ou outra que faremos a Niñodaguia en relación coa alfarería, intentamos que aprendan glosario que se vai perdendo”.