Viñas as primeiras eleccións e dábamosche formación de consellos políticos xunto a Xosé Lois e demáis compañeiros do PSG. Traballamos nas eleccións con aquiles altofalantes que colocábamos no teu 600, o carón do Santo Anxel; enchiamos o depósito e a tirar da publicidade. Dispuñamos sempre de libros galegos, no teu aprendemos a ler “Sempre en Galiza”, do noso Alfonso Rodríguez Castelao.
Eras un gran defensor do país. Dende loitar por erradicar o feísmo deica izar sempre no teu coche aquil esprái para corrixir os nomes nos carteis de moitos pobos da nosa Galiza. Pasaron abriles e fundíronnos o noso proceso partidista. Presentáchesme ó doutor Eustaquio Puga e o finado Xosé Paz. Coñecín a tua dona, unha gran persoa, cariñosa e sempre disposta a axudar.
O tempo separounos a todo o equipo, aínda que me lembro que o doutor Manolo Ramos si quedou o teu carón. Nunca tiñas un non e o progreso non pechaba a porta.
Hoxe, un deses rapaciños do 77 sigue por Barcelona, pero canto te lembra!… e dende a lonxanía adícache esas dúas rosa e branca do fermoso himno que ti nos ensinaches.
Gracias galeguista, amigo e defensor dos pobres e desa Terra que espero che sea leve.Banderías ó ceo!.