Este valía de axudas vai adicado a entidades e actividades culturais da provincia, así como para Cruz Vermella Ourense, cunha achega de 30.000 euros destinada a gastos de funcionamento e actividades desta entidade asistencial.
O resto de axudas aprobadas foron destinadas ao Concello de Xinzo de Limia para a Festa do Esquecemento (13.000 euros) e ao Concello de Rairiz de Veiga para a celebración da Romaría da Saínza (16.000 euros).
No que respecta a achegas para gastos de funcionamento de diferentes entidades culturais, á Asociación Musical de Trasmiras concedéronselle 17.000 euros; á Vivo Institución Galega a axuda será de 25.000 euros; a Fundación Otero Pedrayo percibirá unha achega de 35.000 euros; á Agrupación Coral de Ruada destínanse 26.000 euros, e, finalmente, para a Fundación Vicente Risco a axuda será de 14.000 euros.