Nesta estría, os socialistas sinalaron que a partir do 18F, con José Ramón Gómez Besteiro ao fronte da Xunta de Galicia, Ourense “apostará por infraestruturas que melloren as conexións, faciliten a mobilidade e permitan humanizar estes puntos da cidade”.
Dacosta estivo onte na avenida de Otero Pedrayo comprobando de primeira man a situación desta estrada, punto neurálxico de entrada a cidade, e que foi reformada polo goberno autonómico do PP nunha obra “low cost” e “totalmente insuficiente” para reponer as demandas da veciñanza. Os e as socialistas afimaron que “estamos falando dunha estrada, a OU-536 ao seu paso pola cidade, pola que circulan a diario máis de 15.000 vehículos, pois é a principal vía de comunicación cos polígonos industriais”.