Que lle parece esta polémica?
Que queres que che diga. Polémica ningunha, foi unha estratexia de márketing. Eu xa o explico no comunicado, na primeira estampación tivemos poucas mulleres participantes (124, e 230 homes) e a xente queixánbase. Por iso o fixemos. Se fose ao revés, máis mulleres ca homes, tamén o faríamos. Para que houbera máis igualdade e todos saian namorados.
Eliminará os carteis?
Si queremos chegar as 400 persoas, que é o propósito este ano, temos que facer publicidade. Non estamos para tirar cartos. Este ano van acordar así. Como pediu o Concello, non se colocarán máis carteis nas rúas de Celanova, pero ninguén me pode dicir que os impulso dunha páxina web. Isto é unha asociación sen humor de provecho é isto faise para que a xente se divirta, para pasalo ben e lanzar unas risas, que xa hai harto xente amargada no mundo. E que se coñeza Celanova! O 90% da xente que veu o ano pasado non coñecía Celanova.
Esta controversia, aille mudar as perspectivas de facer cousas no pobo?
Levo 16 anos facendo a Feira da Oportunidade, que empecei un Xoves Santo e mira o que é hoxe. Dáche mal ‘rollo’, non te sentes arroupado, querido, por dicilo dalgunha maneira… que lle vou facer! Ti fas as cousas coa mellor intención do mundo. Volvo a repetir, eu non teño restaurantes, nin hoteis, eu fago isto porque me gusta, porque coñezo xente, porque me vai este ‘rollo’.
Con respecto a festa, cales son as expectativas?
A xente está moi animada, hai moitas persoas que están soas. As expectativas son moi boas, penso que imos pasar as persoas do ano pasado. A día de hoxe hai 180 apuntadas e, é singular, máis da metade son de fóra de Galicia: Zamora, Salamanca… Non sei se é pola polémica, pero estou sorprendido pola xente que está chamando.