O Concello de Verín oferta prazas laborais para este verán



O prazo de presentación de instancias comezou o luns e remata o vindeiro xoves, 13 de xuño. Os interesados deberán esta en posesión do carné de socorrista. A praza ofertada de maestro socorrista é unha substitución por incapacidade temporal, e require ter o carnet de socorrista homologado e un ciclo medio ou superior.

Toda a documentación requerida para participar neste proceso, así como os anexos e as bases do mesmo, están dispoñibles telematicamente na sede eletrónica, e en formato físico no taboleiro de anuncios do Concello.

No proceso de selección se aplicarán as bases xerais de contratación para o persoal profesional temporal, así como as respectivas bases específicas.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *