Os transportistas de Verín volverán percorrer a vila cos seus camións



Despois de non o celebrar o ano pasado, os transportistas de Verín volverán saír este sábado, 6 de xullo, para conmemorar o seu patrón, San Cristóbal. Arredor duns 70 camións atravesarán á tarde as principais rúas da vila, decorados e facendo soar as súas bucinas.

Detrás de esta iniciativa atópanse José Luis Domínguez e Evaristo “Tito” Salgado, nunha tradición que se vén celebrando de xeito continuado “dende o ano 1982”, afirma Domínguez.

Ás 16,00 horas os transportistas xuntaranse no extrarradio do San Antón cos seus vehículos. Dende alí farán un percorrido por Verín, e seguidamente regresarán ao punto de partida, onde se celebrará unha culto de campaña.

Á noite haberá ceas en varios restaurantes da vila, cuns “300 transportistas, familiares e amigos”. A continuación, unha verbena, amenizada pola Discomóvil A Gramófono.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *