Nieves Doforno Doforno, unha “diosiña” discreta, leal e moi traballadora



Naciches na casa de un “Deus”, por eso te chamaban a “Diosiña”. Un apodo acompañado dun nome blanco como a túa esencia, Nieves. Fuches discreta, partidario, loitadora, traballadora, amadora dos teus seres queridos. Costureira, rianxeira, nai, coidadora dun fogar repleto de seres intensos. Ti fuches a paz, a calma, a auga morna. Tiñas sempre unhas verbas conciliadoras que repelían os conflitos. De sol a sol escribiches a historia de moitas persoas, coa túa pegada, cos teus ánimos, coa túa valentía. Esa valentía que nos empuxaba a pasar barreiras, a soñar co inalcanzable, a acadar obxectivos que parecían disparatados. Somos todos/as unha parte de ti. Tantos anacos recompostos día a día grazas a ese sorriso discreto e afable.

A muller da chaqueta encarnada que acudía varias veces á semana a traicionar o “rianxo” á praza de abastos, ese rianxo que foi o cerne da comunidad, un rianxo que fixo posible que os teus fillos e a túa filla tiveran a capacidade para subirse ao tren da vida e perseguir soños e a construir realidades. Esa “diosiña” foi quen de crer en cada un de nós para que formásenos as nosas propias familias e te miraramos coma un espello ideal de bondade e lealdade porque non hai nadie máis valioso que crer nos que te rodean. Grazas por dárnolo todo Nieves Doforno Doforno. A nosa maior débeda é seguirte lembrando e escoitando aos nosos corazóns que repitirán día tras día: “sede felices sen danar a ninguén”, unhas verbas propias dunha “diosiña”.

Todas as persoas que te coñecemos lembrarémoste coma o que fuches, unha muller calada que se foi discretamente, sen facer ruído, pero con un poder emocional irrepetible.

Espallaremos pola vida todas esas ensinanzas que nos inculcaches en todo o que nos queda por estar na terra e miraremos ao ceo e sorriremos, porque eso é o que ti querías.

Que a terra che sexa leve.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *