O BNG acusa a Jácome de alterar o acceso aos postos laborais



Desde o BNG acusan ao Concello de Ourense por “artellar unha nova manobra” para modificar as bases dos procesos de estabilización dos traballadores temporais que, xa estaban aprobadas e xa foron empregadas. 

O portavoz nacionalista, Luis Seara, sinala que “o que pretende o corregidor, Gonzalo Pérez Jácome, é distorsionar a realidade: por unha lado, modificar un proceso de estabilización que se está dando en todas as administracións especialmente no que ten que ver en caso de igualada, pola outra, introducir a Relación de Postos de Traballo cando non ten que influír neste proceso”. Unha das cuestións que destaca o portavoz nacionalista é a vontade desde o goberno municipal de “distinguir funcionariado de persoal sindical”, unha distinción que para o BNG non ten cabida, xa que “hai sentenzas do TSXG, que se equipara e iguala o persoal sindical indefinido ao persoal funcionario”.

A formación nacionalista advirte que “a modificación das bases pretende de modo directo unha modificación encuberta dos criterios de desempate para conseguir a un posto sindical xa ocupado por persoal de longa duración. Neste sentido, a modificación na valoración que se propoña, sobre todo nos criterios de desempate, suporá unha sobresaliente cambio das bases”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *