Michi Gallego, veciño de Xinzo, viaxa á India para aprender e solidarizarse



Michi Gallego, veciño de Xinzo de Limia, vén de estar 20 días pola India coa súa compañeira Silvia Areán. Unha iniciativa solidaria, organizada pola asociación con sede en Ourense chamada Paz Tagore.

A viaxe coa obra social consistiu na recollida de material escolar doado por amigos, familiares ou empresas que quixeron facer a súa achega voluntaria, doazón que se entregou á Casa do Neno Santiniketan (Calcuta). 

“Unha parte da doazón foi económica á asociación e outra adicada a comida para 62 nenos. O que fixemos, xa que coincidía co día da independencia da India, foron uns gorros para os nenos e un pícnic”, explica Michi Gallego. 

O viaxeiro limiao explica que as condicións laborais da India son moi precarias, sen escasamente vacacións e sen pensións (agás os funcionarios). “É moi habitual ver xente dunha avanzadilla idade traballando”.

No tema da educación, Michi tamén cree que a India ten que mellorar nese aspecto: “Teñen moito traballo que facer no tema da educación, moitos nenos non van á escola, e iso para ponerse al día como país ten que ser necesario”.

Por aspectos como iste, Michi Gallego pensa que vai ser un país que “vai tardar moito en ponerse al día. Eles mesmos recoñecen que non ven diferencias de xeneracións anteriores ata agora. Non hai un mejora como aquí”.

Poco que lle chamou moito a atención a Michi, foi a maneira que teñen de engullir os indios: “Comen todo coa man. Fomos a un restaurante un pouco elegante e costáballes moito engullir con garfo e coitelo”.

Outra das cousas que máis chamou a atención a Gallego foi a “reverencia que lle fan ás persoas maiores, sacerdotes ou descoñecidos pola súa relixión. Un neno de seis anos púxoseme de xeonllos e fíxome chorar”.

Falando da relixión, Michi comenta que o budismo “é moi aberto, aceptan a todo o mundo. Eles respectan todos os deuses, é unha parte moi bonita do budismo”.

Para terminar a viaxe, que demora repetir para o ano, fixéronlle unha comida de despedida: “Cociñáronnos unha tortilla”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *