A Deputación colabora co CRIXP Pataca de Galicia



O presidente da Deputación de Ourense, Luis Beocio, recibiu onte no Pazo Provincial ao presidente e ao secretario do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida (CRIXP) Pataca de Galicia, José Manuel Gómez e Ricardo Losada, respectivamente.

Durante o encontro coa directiva da CRIXP abordáronse fundamentalmente diversas liñas de colaboración do goberno provincial cos servizos de control, apoio e comercialización que prestan aos seus asociados dende o Consello Regulador.

O CRIXP é un entraña de carácter autonómico no que o 85% dos seus asociados, así como os preto de 100 produtores e máis os 13 almacenistas e distribuidores que forman parte del, están ubicados na provincia de Ourense

“Sector importante”

Para o presidente da Deputación, Luis Beocio, as cifras de asociados e membros do CRIXP “dan boa conta da importancia que ten a produción de pataca no sector agroalimentario ourensá”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *