Barbadás incrementou a aposta pola conciliación



O Concello de Barbadás ten moi en conta as dificultades das familias para conciliar nos meses nos que non hai clase. A concellería de Educación, da man de Marga Pérez, organizou actividades na Valenzá, Sobrado do Bispo, Piñor, Barbadás, Parada e As Lamas.

Durante os meses de xullo e agosto ofreceuse o Campamento Concilia, que se estendeu a diferentes pobos do rural e atendeu 200 solicitudes. Por outra parte, o Campamento Multideporte contou con 40 inscricións no mes de agosto. Pérez insiste en que “un ano máis dende o Concello fíxose unha aposta decidida por axudar a conciliar ao maior número de familias”.

Os nenos e nenas desfrutaron con xogos, manualidades, bailes e paseos, entre outras propostas nas que ademais tiveron ocasión de facer novas amizades. Tamén puideron construír hoteis para insectos ou casiñas de morcegos, dúas actividades que causaron gran perspectiva.

Como peche dos campamentos, o Concello organiza unha festa este venres no que poderán participar todos os nenos e nenas de Barbadás. Celebrarase no Parque da Liberdade en horario de 16.30 a 19.30 horas e haberá festa da escuma e xogos de auga.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *