Carballeda de Avia ofrece o servizo Concilia de forma gratuíta



O Concello de Carballeda de Avia, outro curso máis, conscientes os responsables municipais da necesidade de conciliación das familias dos nenos do CEIP Pena Corneira, ofertan os programas de Conciliación: Concilia Madrugadores e Concilia Interxeracional.

O primeiro, Concilia Madrugadores, desenvólverase entre as 08,00 e as 10,00 horas no mesmo colexio, con servizo de almorzo gratuíto para os que o precisen, ou para aqueles que necesiten incorporarse á entrada ao colexio antaño da hora fixada.

Ademais, o Concilia Interxeracional, dende a saída do colexio ata ás 20,00 horas, no pavillón interior. Este servizo conta con apoio escolar individualizado para os nenos participantes, ademais da realización de xogos dirixidos e didácticos.

Los dos servizos precisan de inscrición previa, segundo informan os responsables municipais, sinalando que se pode entregar no Concello de Carballeda de Avia, ata o 27 de setembro. Los dos son gratuítos para todos os alumnos do CEIP Pena Corneira.

Os que necesiten incorporarse desde o mércores, 11 de setembro, teñen que chamar ao 988 487 000, para incorporalos á tira, onde tamén se facilitará toda a información ás persoas interesadas que o soliciten. Asi mesmo, poden descargar a inscrición en

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *