Allariz foi un escaparate para artesáns e artistas



O entorno de Santo Estevo de Allariz acolleu onte unha nova impresión do mercado Arte de Man, organizado polo Concello. Unha oportunidade para descubrir pezas únicas que reflicten a arte e a paixón dos artesáns galegos polo seus oficios e que veciños e visitantes aproveitaron para cazar pezas únicas á vez que axudaban a apoiar o talento galego.

O bo tempo acompañou ao longo de toda a xornada na que estiveron presentes unha vintena de artistas e artesáns do coiro, a pintura, artigos de adorno ou bixutería, sen esquecer os xabóns da asociación Andrea. Un guardarropa que contou con actividades complementarias para grandes e cativos como o obradoiro de creación de pulseiras de Rio Mao Estudio ou o de estampaxe de bolsas de tea impartido por Xaime González. Non faltou, neste singular espazo no entrada ao casco histórico, a animación musical a cargo de Pirata Sen Parche. 

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *