Os Galos da Mezquita anuncian unha mostra en París


Os Galos de San Pedro da Mezquita (A Merca), que este sábado desfilaban polas rúas de Santiago de Compostela, protagonizan o cartel da nova exposición que o fotógrafo Jason Gadner inauguraba este mes de setembro na museo Rachel Hardouin de París. O recoñecido fotógrafo internacional visitou as terras de Celanova no ano 2020, retratando e desfrutando do domingo de Entroido na parroquia da Mezquita e  inmortalizando, dende primeira hora da mañá,  o ritual deste Entroido particular que percorre as aldeas da parroquia.

A imaxe do cartel.
A imaxe do cartel.

Fai uns días, a veciñanza da parroquia compartía o cartel da exposición de París, agradecidos de que Gadner espolón os ‘galos’ para a portada e tamén porque sempre poña algunha das súas fotografías nas diferentes exposicións que fixo por Alemania, Estados Unidos e agora en París.

Jason Gadner álabe moitos anos viaxando polo mundo traballo que, no ano 2023, plasmou en  “We the Spirits”, publicado pola editorial Gost Books, onde non faltan esta e outras máscaras ourensáns.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *