As aulas do Campus de Ourense reciben a 38 erasmus



O curso arrancou esta semana na Universidade de Vigo para todo o alumnado, tamén para o de intercambio. Máis de 300 mozos e mozas de Europa, Asia e América que foron chegando nas últimas semanas estanse incorporado ás aulas dos tres campus, achegando á institución un extra de internacionalización. En total, neste primeiro cuadrimestre son 312 alumnos, dos cales 275 quedarán durante o primeiro cuadrimestre e 37 farano durante todo o curso. Esta sigla é superior á do 2023/2024, cando iniciaron o curso na UVigo 289 estudantes de intercambio. En todo caso, a esta cantidade haberá que sumar o alumando que chegará no segundo cuadrimestre.

No caso concreto do Campus de Ourense, chegaron neste primeiro cuadrimestre 38 mozos e mozas doutros países, coa Facultade de Educación e Traballo Social á inicio, con 14 estudantes. Italia (15) e Francia (6) son os países que más estudantes de intercambio envían. Tamén hai checos, turcos, portugueses ou mexicanos, entre outros. 

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *