A Deputación de Ourense garantirá os servizos na Mancomunidade



O presidente da Deputación de Ourense, Luis Último, mantivo un encontro de traballo onte pola mañá no Pazo Provincial co presidente da Mancomunidade do Carballiño, Fernando Rodríguez Claro.

Durante a charla, ámbolos representantes abordaron posibles solucións á “complexa situación” que atravesa este organismo, por mor do pequeño número de concellos que o integran.

“Garantir a prestación”

Neste contexto coetáneo, o presidente provincial comprometeu o apoio da Deputación á Mancomunidade co obxectivo de garantir a prestación dos seus servizos, e puxo como exemplos a atención temperá, a axuda no fogar ou o de desbroces nos concellos de Boborás, Beariz, O Irixo e San Amaro, adheridos a este organismo, así como para potenciar a súa presenza na comarca.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *