Carreira solidaria en Verín polas misións e para tódalas idades



Todo o que se recade nesta carreira solidaria destinarase, integramente, a axudar aos misioneiros colaborando coas Obras Misionáis Pontificias a través da campaña do Domingo Mundial das Misións (Domund) 2024.

Este xoves tivo extensión a presentación dunha carreira que se celebra en Verín por terceira vez, grazas á colaboración entre Saudeter, o Concello verinés, a Unidade de Atención Parroquial de Verín e a Delegación de Misións.

Tódolos grupos de idade participantes sairán dende a Praza García Barbudo, onde terán extensión as categorías infantís, mentres que a andaina e a carreira dos adultos percorrerán o entorno do río Támega ata o pobo de Tintores.

As inscricións xa están abertas na web Sportmaniacs e rematan o día 23 de outubro. Tamén se pode contribuir dende 2 euros nunha fila 0. Tódolos participantes levarán unha camisola conmemorativa.

Categorías dende 0 anos

Ademais da andaina de 4,5 quilómetros e da carreira de 7, tamén hai categoría biberón, ata os seis anos, de 6 a 8 anos, de 9 a 11, e de 12 a 14 anos, con entrega de trofeos.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *