O campus de Ourense estuda a violencia de xénero no caso da muller maior



Arredor de 150 persoas participaron onte na Facultade de Educación e Traballo Social do campus de Ourense na II Xornada Interuniversitaria, que nesta ocasión puxo o foco nas mulleres maiores que sofren violencia de xénero. Contrarrestando a “invisibilización e esquecemento” deste colectivo, presentáronse diferentes investigacións nas que se dá conta desta problemática desde diferentes disciplinas e perspectivas

A programación arrancou cunha intervención de Carlos Ferrás, catedrático de Xeografía Humana da Universidade de Santiago, e nela expuxo os primeiros resultados dun traballo que están a realizar membros da súa universidade e da de Vigo centrado na elaboración dun atlas de ubicación das mulleres maiores de 65 anos que sofren ou teñen sufrido violencia de xénero en España. 

O investigador explicou que nos traballos realizados ata o momento teñen detectado que hai unha correlación directa “de maior incidencia deste tipo de violencia en municipios de baixa densidade de poboación, baixa renda e ámbito rural, onde as comunicacións son difíciles e os servizos sociais escasos”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *