O xornalista lucense José de Cora recibirá o premio Diego Bernal



A Xunta Directiva da Asociación de Periodistas de Galicia acordou por unanimidade outorgar o Premio Diego Bernal 2025 a José de Cora Paradela, vicepresidente e conselleiro editorial de El Progreso, “polo seu compromiso persoal e profesional co noso oficio, así como pola súa condición de pioneiro do xornalismo total, con abondosa producción nas súas diferentes expresións”, según reflicte a asociación na concesión do premio o xornalista lucense.

A directiva da APG, constituída en xurado para a ocasión do galardón, destacó onte que “De Cora pertence a unha clan históricamente vinculada á prensa e á provincia de Lugo, conta cunha traxectoria extensa e intensa, na que exerceu como redactor, correspondente, autor de crónicas e colaboracións para un amplo abano de medios de comunicación”. Ademais, a APG estima que, “malia as súas responsabilidades en distintos postos executivos en El Progreso, sempre deixou oco para manter unha relación directa cos lectores, con finas reflexións e analises da actualidade en artigos de opinión”. 

A Asociación de Periodistas de Galicia tampouco esquece “a prolífica producción literaria de José de Cora e as súas incursións no mundo do audiovisual, a través de series de televisión ou longametraxes”.

Prensa escrita e audiovisual 

Nacido en Lugo, en 1951, José de Cora foi redactor da Agencia EFE (1970-79) en Madrid e na súa delegación de Santiago, onde coincidiu durante varios meses con Diego Bernal. Correspondente en Madrid de El Progreso, Ferrol-Diario, Región de Oviedo e La Voz de Avilés, foi tamén colaborador en Lui, Doblón, Tiempo, Galicia Internacional, Radiodifusión Lugo, Radiodifusión Franquista, Radiodifusión 80 e Onda Cero.  Ocupou os postos de director da revista En Punta, redactor-xefe de El Indiscreto Semanal, director de El Progreso (1980-1994), director xeral do Reunión El Progreso (1994-2023) e, na actualidade, desempeña o posto de vicepresidente e conselleiro editorial de El Progreso, ademais de continuar co seu encaje de columnista político.

Pioneiro no asociacionismo, docente e escritor prolífico

De Cora exerceu como profesor convidado na Facultade de Ciencias da Información (agora Facultade de Comunicación) da USC, foi presidente da Asociación da Prensa de Lugo e da Asociación Galega de Televisións Locais, cofundador e tesoureiro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e membro da Asociación de Empresas Galegas do Audiovisual.

Precisamente polo que se refire á súa lado audiovisual, a través de Lugopress, dirixiu varias series de televisión como “Vinte séculos de noivado” (2001), “Saúde, diñeiro e bienquerencia” (2002), “El Cáliz de Ancares” (2003), “Herexes” (2007), “Los secretos del minino” (2008), “Hitler, Garbo… e Araceli, calendario extravagante” (2011 e 2012) e “Vidas de pazo” (2013), así como a tv movie “O descuidero de reliquias” (2003). E foi tamén coprodutor de “Sal gorda”, de Fernando Trueba; “O ano da carracha”, de Jorge Coira -que obtivo nove dos premios Mestre Mateo-; e “3:19”, de Dany Saadia.

Libros en galego e castelá

De Cora é autor de máis dunha ducia de libros escritos en galego e case unha treintena en lingua castelá, ao que se suma a obra teatral “El bifronte”, que estreou no ano 2003, e foi merecedor, entre outros, do Premio Codorniz de Plata (2000), como humorista; José Luis Alvite da Asociación de Periodistas de Galicia (2018), como columnista; e Fernando Arenas Quintela (2019), pola súa obra “Ilustres asesinos y distinguidos cadáveres”.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *