O PSOE de Ourense demanda recuperar a Concellería de Xuventude



O PSOE reclamoulle onte ao corregidor de Ourense que recupere a Concellería de Xuventude e deixe de facer “malabarismos” cos cartos públicos para poder “subir aos palcos das festas”. Os socialistas reclaman máis transparencia e un investimento para o futuro de Ourense no que a mocidade reciba máis que “promesas baleiras” e un xeito de proceder que prima intereses particulares e “alleos” ao seu desenvolvemento.

Necesitamos un investimento auténtico en programación cultural e actividades, que fomenten o crecemento persoal e social da xuventude, en punto de malabarismos cos cartos de todos e todas que só perpetúan o ciclo de negligencia”, afirmou Alba Iglesias.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *