O mel será a protagonista exclusivo desta tirada, contando con postos de venda de mel e produtos de cosmética, un obradoiro de velas de Nadal con cera de abella impartido por Lourdes Rodríguez Domínguez ás 11,30 horas, e sendas charlas para adultos sobre “Mitos e verdades sobre o mel” a cargo de Anna Fort López (ás 17,00 horas) e, para os nenos, “Coñecendo as abellas” da man de José Manuel González Paz as seis da tarde. Para os máis cativos tamén haberá pintacaras (tres euros) e, de 12,00 a 18,00 horas, haberá a oportunidade de facer un paseo en poni (cinco euros).
Restauración
Ao longo de todo o día haberá comida e bebida para os asistentes, desde pinchos de bacón e chourizos, queixos variados e empanadas, incluída a de forquellas típica da zona, ata chocolate quente con bica. Ademáis, ás sete da tarde está anunciado un sorteo presencial de porción de produtos.