O Carrabouxo inicia unha xira pola provincia da Coruña



O Carrabouxo viaxa a Santiago. O Centro Sociocultural O Ensanche, no corazón da metrópoli compostelá, acolle a exposición “40 anos do Carrabouxo” ata o vindeiro 5 de xaneiro. Trátase da mostra elaborada pola Deputación -exhibiuse hai un ano- que foi cedida á Deputación da Coruña e á asociación O Galo. Seguidamente, a exposición trasladarase tamén á Coruña e a Ferrol.

A mostra disposta en Santiago está patrocinada, ademais de polas institucións provinciais da Coruña e Ourense, polo Concello de Santiago, Afundación e pola Asociación de Asociacións Culturais Galiza Civilización.

A exposición inclúe unha selección de viñetas do mítico personaxe, veciño de Ourense e autóctono das páxinas deste xornal. Trátase de 40 situacións diferentes, unha por ano, escollidas entre as máis de 14.000 que foron concibidas a diario polo seu creador, Xosé Lois.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *