Chandrexa de Queixa organiza a Festa de Nadal para os nenos



O Nadal achégase e os cativos de Chandrexa de Queixa disfrutarán da súa particular festa.

A tarde do 23 de decembro a cita está no pavillón multiusos de Celeiros, onde desde as 17,00 horas e ata as 20,00 horas contarán con diversos talleres.

Esta actividade está pensada para todos os públicos, aínda que os nenos sexan os auténticos protagonistas. 

Organizada polo Concello de Chandrexa e en colaboración coa residencia de maiores do concello, a chocolatada navideña reunirá a novos e maiores comparindo o espíritu do Nadal. Desde a estructura animan aos asistentes a alzar casco, lentes ou calquera disfraz ou motivo navideño que anime a festa.

Os máis pequenos gozarán nos distintos obradoiros que terán esa tarde no multiusos. O pintacaras pode ser o máis atractivo para a rapazada, pero non faltarán as colchonetas hinchables.

Engaden que durante a merenda e os diversos talleres tamén haberá música para quen queira bailotear.

Con algunha actividade aínda máis por concretar, desde o Concello de Chandrexa de Queixa engaden que na tarde do 5 de xaneiro, as 17,00 horas festexaran a tarde de Reis. A carnavalada partirá desde a residencia da terceira idade ata o pavillón multiusos, onde os pequenos gozarán dunha merenda.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *