Tras as tres primeiras actuacións, o ciclo pechouse o pasado venres 22 de decembro ás 20,00 horas con clase de violín da mestra Yulia Petrushevskaya e “A gran tradición románica” como cuarto Concerto do IX Ciclo de música de cámara. Cibrán García García e Anxo Gómez Piñeiro foron os intérpretes.
A actividade “Petiscos Musicais”, un ciclo anual de catro concertos deseñada no 2015 baixo a coordinación da profesora de piano Cristina Vázquez Canal, mudou este ano de nome e coordinación, estreándose no cargo o pianista vigués Brais González baixo a denominación “Neoartistiñas”.
A exposición “Entreliñas”, que tamén tivo ocasión neste mes, esta formada polos traballos feitos por unha vintena de alumnos de primeiro e segundo curso de Ilustración da Escola de Arte e Superior de Deseño Antonio Faílde de Ourense, entidade que fixo de enlace e estímulo entre os artistas e a fundación alaricana, con sede no número 3 da rúa San Lourenzo.
O obxectivo da Fundación Vicente Risco é ir máis alá dun único museo que custodie e divulgue a obra do autor nadando, senón se un punto de encontro e difusión para a civilización hoxe en día. Nesa liña organizáronse estas exposicións e actividades na Fundación Vicente Risco.