Mesa solidaria en Allariz contra o sarcoma de Ewing



Unha mesa solidaria contra o cancro, específicamente sobre os sarcomas, estivo presente no Mercado da Reserva da Biosfera o pasado sábado en Allariz.

Virgina Bergua é unha madrileña que decidiu instalarse en Galicia hai 13 anos. Vive na pequena pueblo de Acevedo, en Xunqueira de Ambía.

Virgina é nai de Lucía, unha nena de 8 anos con sarcoma de Ewing. Por iste motivo xurdiulle a idea de organizar unha mesa solidaria para  axudar a recadar fondos e divisar esta enfermidade tan rara e que se poida investigar máis sobre ela.

O sarcoma de Ewing é un tipo raro de cancro que se produce nos ósos ou no tecido brando ao redor dos ósos, adoita comezar nos ósos da perna e na pelvis, pero pode ocorrer en calquera óso.

Con menos frecuencia, comeza nos tecidos brandos do peito, o abdome, as extremidades ou outros lugares. O sarcoma de Ewing é máis global en nenos e adolescentes, pero pode ocorrer a calquera idade.

O diagnosis do cancro de sarcoma de Erwing foi tardío para Lucía: “Estamos moi desgustados co hospital de Ourense porque non quixeron facer máis tipos de probas, cando ela tiña unhas dores moi fortes. Tiña dores na perna e como non lle viron ausencia nesa zona, dixeron que era poco psicosomático e mandaron a miña filla a psiquiatría, onde non lle quixeron facer máis tipos de probas. Por iste motivo, imos denunciar ao hospital”, conta Virgina.

Lucía pasou por varios hospitais, con operación incluída no Hospital Universitario La Paz (Madrid): “Agora mesmo vanlle facer un trasplante de sustancia ósea porque a primeira quimioterapia non deu o resultado que esperaban, e por iso vanlle facer unha quimioterapia máis forte, facendo un autotransplante. Despois disto someterase a unha radioterapia, e ata alí veremos o que pasa”, explicaba Virgina.

Asociacións

As asociacións que colaboran coa mesa solidaria de Virgina son: “Asanog” de Galicia, que se atopa no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, “Asarga” de sarcomas que está na Coruña, pero tamén en toda España; “Lucha fest”, que vai destinado á investigación dunha bolsa de sarcomas na Illa Fe de Valencia; “Apsatur” de sarcomas en Aragón (Zaragoza), “Girasoles para Izarbe” e “Juegaterapia”, que fan calendarios e bonecos de bebés en Madrid.

Virginia Bergua comezou buscando estas asociacións e vendendo materiais solidarios para dar máis visibilidade aos cancros de sarcomas: “Eu sempre compro no Mercado da Biosfera e por iso pedín permiso ao Concello de Allariz para que me deixaran poñer esta mesa. Espero que non sexa a última vez que o fago porque quero darlle más visibilidade a esta enfermidade para que se investigue máis”, explica Virgina Bergua. 

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *