Os Farrumecos de Sobradelo sairán o día 20



A civilización popular de Sobradelo rexistra a existencia dun persoeiro coa cara tapada cun pano branco ou carauta para preservar a súa identidade e vestido con cores rechamantes, lazos, capas, panos, gabardinas, colchas ou mandís. A tradición do Farrumeco era pedir polas casas unha esmola en forma de chourizo, sobremesa ou moeda. 

O 20 de xaneiro sairán a rúa os Farrumecos de Sobradelo, ás 12,30 horas, co desfile en Xunqueira de Ambía con entroidos convidados, como os felos de Esgos, as bonitas de Sande e os peliqueiros de Campobecerros. Despois desta actividade, ás 16,30 horas, haberá un percorrido con charanga en Sobradelo e unha chocolatada no centro social.

Os colaboradores do evento son o concello de Xunqueira de Ambía, a Asociación Tangaraño Cultural Sobradelo, a Asociación de Nais e Pais de Alumnos, o Colexio Manifiesto Padre Crespo e a Asociación de Mulleres Rurais de Xunqueira de Ambía.

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *