Alejandra Rego, loitadora, esposa e nai



Ao igual co noso gran poeta civil da ben querida Galicia, Manuel Curros Enríquez, nada na comarca da Terra de Celanova e moi vencellado ca bonita vila de Vilanova dos Infantes, a miña ben querida esposa Alejandra Rego Rodriguez, finada recentemente, compartiu a súa nenez neste singular pobo protexido pola enigmática e devota imaxe de “A Virxe do Cristal”

Muller singular, soubo elixir voluntariamente a súa profesión preferida, a de Maxisterio que, trala correspondente examen, permitiulle exercer en diversos e diferentes puntos da nosa Galicia e fora dela: Riocereixa (Piedrafita del Cebrero), Catarós (A Pobra deTrives), Santa Eulalia (Castro Caldelas), Maceda, Torrevieja, (Alicante), Alongos (Toén), Seixalbo (Ourense) e no seu derradeiro destino profesional a Universidade Gremial de Ourense.

Esposa singular cun forte carácter aínda que, iso si moi alegre, soubo aventajar en dúas ocasións as dificultades da enfermidade tan en ciadura, o cáncro ademais de outras varias, peso a elo, foi unha doce esposa e mamá que soubo compartir alegrías e tristuras tanto ao longo da súa vida profesional como corriente sendo os seus derradeiros días da súa vida todo un exemplo de boa esposa, e nai e cristiá.

Quíxomeche e non te esqueceremos endexamais, tanto eu como marido, como do teu ben querido fillo Juan. Descansa en Paz Alejandra.n

Leave a Comment

Your email address will not be published. Required fields are marked *