Según os creadores deste proxecto editorial en 2020 dedicados a docencia, Xabier Domínguez, Alba de Evan e Miguel Alonso Diz, é unha editorial con carácter educativo pero cunha marcada dirección social: “Queremos que todo o proceso de creación de cada manual sexa integramente galego: autores, ilustradores, maquetadores… todos de aquí, para xerar postos de traballo”. Tamén unha porcentaxe das vendas destinase a unha oenegué ourensá (Asociación Ridimoas) de modo que os seus proxectos teñan un claro enfoque medioambiental e de sostebilidade.
Os creadores deste proxecto editorial conversaron co manifiesto asistente sobre o seu traballo e atenderon as súas preguntas. Asinaron tamén exemplares dos seus libros principalmente en galego pero xa traducidos a moitos idiomas como castelán, francés, ruso. A súa pretensión é empoderar o idioma galego e recuperar os mitos e tradicións de Galicia.