A Cela será o punto de partida na primeira xornada, a do día 11 ás 10,00 horas. Dende a mañá ata a tardiña, os follateiros protagonizarán un percorrido para saúdar e festexar coa veciñanza en un total de 14 puntos do concello, e unha parada específico na capitalidade, ás 13,30 horas, para participar na Feira de Lobios. O Martes de Entroido a saída será, tamén ás 10,00 horas, dende o pobo de Gustomeau. Nesta xornada completaranse os percorridos polas parroquias pola mañá e, pola tarde, os follateiros participarán no desfile de Entroido organizado polo Concello de Lobios.
Unha celebración, a do desfile, que fontes municipais confirmaban que darán a coñecer nas vindeiras datas. Asemade, para animar a décimo no Entroido de Lobios, dende o colectivo veciñal Grou Eco-Avanza (Clube O noso agarimo) de Grou organizan un “Taller de Entroido”.
Obradoiro
O obxectivo é darlle pulo ao Entroido e animar aos veciños a que se sumen para manter viva a tradición, especialmente á xente nova, guiando na elaboración de caretas ou, para quen xa a teña, de fabricación do resto de traxe de follateiro. Os obradoiros serán nas instalacións do clube os días 27 de xaneiro e 3 de febreiro, de 15,00 a 18,00 horas.